sexta-feira, 4 de maio de 2007

Searching a new home for the Galizan rags...

Recentemente escribín unha mensaxe a Estratexia Galega da Sociedade da Información:

Boas,

Até hoxe o meu traballo está accesíbel na rede, no enderezo http://dvtg.f2o.org. Hai poucos días recibín unha notificación da empresa que me cede a hospedaxe gratuita advertindo de que en breve deixarán de proporcionar ese servizo e que as páxinas que se benefician del deberán buscar outro servidor.

Gustaríame saber se que maneira me podedes axudar. Necesito encontrar un novo servidor e contratar un novo dominio.

Grazas!
A resposta foi:
Estimado amigo:

Polo que nos fas constar tratase dunha iniciativa particular. Lamentamos comunicarche que neste momento non existe ningún tipo de axuda para a realización ou hospedaxe de páxinas web para particulares.

Pero despois de botarlle unha ollada a túa páxina cremos que é unha idea interesante, así que che recomendamos que trates de poñerte en contacto con entidades como bla bla bla...

Outro xeito polo que podes conseguir hospedaxe, que soe custar uns 30 euros/ano, é introducindo publicidade na páxina.

Recibe un cordial saúdo.
Chámame a atención que o criterio principal para formar parte da sociedade da información, de acordo coa "estratexia galega", non sexa a calidade e interese do proxecto senón se un é ou non un particular. En fin, polo menos responderon.

Sem comentários: