quinta-feira, 25 de maio de 2006

Racismo diario no diario

O outro día comentábao un profesor de análise do discurso e eu doume conta algunha vez do tipo de linguaxe que utilizan nos medios de comunicación para falar da inmigración (e de tantas outras cousas). Fálannos de "avalanchas" de inmigrantes nos medios de comunicación, por citar unha das metáforas máis desafortunadas que utilizan os políticos e que os medios reproducen. Di o Priberam que unha avalancha é, no seu sentido literal, unha "grande massa de neve que rola da montanha, derrubando tudo quanto encontra na passagem". No seu sentido figurado, é unha "invasão súbita de gente ou animais", e non fai falta explicar qué significa invadir. O RAEavalancha como sinónimo de alud, que define como "gran masa de nieve que se derrumba de los montes con violencia y estrépito". Ben se ve que quen usa tales palabras para se referir a inmigrantes que chegan en grupos non implica cousa boa. Ou sexa, os inmigrantes chegan a moreas, causan violencia e derruban todo o que encontran ao seu paso. Daquela é fácil pensar (e ademais o PP axúdanos moito) que a inmigración implica naturalmente, por exemplo, roubos en chalés. Que pensar de que os xornais reproduzan, aínda que sexa en estilo indirecto, a linguaxe da extrema dereita española sen máis, como quen di que chove.

Sem comentários: