Dous vellos
Hoxe quixen buscar ese retrinco tan querido de Castelao que me deu a ler unha vez a Silvia, porque o outro día quíxenllo declamar ao Yannick e non me lembraba ben. Encontrei o relato, con desenho e todo, e mais encontrei o que parece a páxina web de Manuel Rivas, que me queda pendente de mirar máis polo miúdo noutro momento. Reproduzo aquí o relato, magnífico. Mil grazas, Silvia!
DOUS VELLOS QUE TAMÉN TIVERON MOCEDADE
Dous vellos que tamén tiveron mocedade, que se coñeceron nun baile, que logo se casaron por amor e que viviron arnándose tolamente. Dous vellos, sempre xuntos e sempre calados, que viven escoitando o rechouchío dun xilgaro engaiolado. Sen fillos e sen amistades. Soios.
Antonte leváronlle o viático ó vello e onte morreu. A compañeira dos seus días visteuno, afeitouno e púxolle as mans en cruz.
"¡Deica logo, Eleuteiro!"Hoxe entraron catro homes e sacaron a caixa longa onde vai o morto. A vella saíu á porta da casa e, coa voz amorosa dos días de mocedade, despideuse do seu compañeiro:
-¡Deica logo, Eleuteiro!
E os veciños que acudiran ó espeutáculo taparónse as bocas e riron cos ventres. A despedida da vella foi rolando e chegou ó casino, e o "deica logo Eleuterio" xa se convirteu en motivo de risa.
Todos, todos, se riron e ninguén se decata con que delor a vella namorada chamará pola morte nesta noite de inverno.
Sem comentários:
Enviar um comentário