quarta-feira, 17 de maio de 2006

Muji en Barcelona

Se alguén me quere facer un bon agasallo, sería boa idea que pense nas miñas marabillosas chanclas verdes sen marca, que tantas satisfaccións me deron e me seguen a dar. As pobres xa van bastante polidiñas e merecen unha xubilación xubilosa no baúl dos recordos.

As súas substitutas xa non fai falta ilas buscar a París, como tiña pensado, porque acaban de abrir unha tenda de Muji en Barcelona, en plena Rambla de Catalunya! Tamén o comenta La Flaneuse. O que non sei é se quero repetir cor ou probar outras de cor... laranxa ou branca? Ou por que non todas? Total, son ben baratas... e ben cómodas!!

Ai ai, creo que verdes xa non as hai... :(

Por certo, feliz Dia das Letras!