Receita das luras con sabor a queixo azul
Se as luras foren frescas, lavar e tirarlles as tripas e ese óso interno cartilaxinoso. Tamén é práctico comprar conxeladas unhas xibias ou chocos, que xa non hai que lavar, pero se cadra non traen tinta.
Refogar unha cebola con allo e botar as luras cortadiñas. Fica ben botando un pouco de viño. Cando van ficando brandiños, botar o triplo de auga que o arroz que se quere facer, e cando rompe a ferver botar o arroz, e un pouco de tinta se se quere.
Cando non resta auga, tirar do lume. Agora vén o paso máis importante, para dar o sabor: meter o arroz coas luras nun taper e deixar tapado uns dous ou tres días fóra do frigorífico. Ao cabo dese tempo, con sorte, algo a queixo azul deberá saber.
En principio, non comer, por precaución.
Sem comentários:
Enviar um comentário